Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase dos diferentes tipos de TFM e según as diferentes partes de modo xeral os seguintes aspectos:

-Cuestións formais (5 %)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información
• Relación e coherencia entre as partes do TFM
• Boa calidade lingüística do discurso
-Fundamentación teórica (30 %)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre posuír coñecementos sobre o desenvolvemento e nivel alcanzado no tema tratado.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa análise ou no seu tratamento.
• Referencia aos contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.
-Desenvolvemento do TFM (35 %)
• Nivel de concreción do TFM
• Viabilidade da proposta atendendo á súa contextualización
• Adecuación ao marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.
-Valoración persoal e conclusións TFM (15 %)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais
85
Presentación oral A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A32 A33 A34 A35 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase:
• Existencia e calidade nos medios e/ou materiais de apoio
• Coherencia e claridade de ideas na exposición
• Boa competencia lingüística oral
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
15
 
Observacións avaliación

O
alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou
defensa pública do TFM: unha ordinaria e outra extraordinaria.

Para a
avaliación dos TFM constituiranse tribunais (nomeados polo/a coordinador/a do
Mestrado) por cada unha das especialidades. Cada un estará formado por tres
membros titulares e un ou dous/dúas suplentes.

Os
tribunais de avaliación configuraranse da forma que establecer a Xunta de
centro ou, de ser o caso, a comisión que tiver as competencias delegadas, segundo
o número de alumnado matriculado e a temática dos diferentes TFG e TFM que se
representaren. Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e as correspondentes
suplentes. Todas elas deberán ser membros do profesorado universitario vinculado
ao Mestrado. O/a director/a do TFM non poderá formar parte do tribunal.

Para a
defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. Os membros do
tribunal contarán tamén cun tempo máximo de 20 minutos para formularen cantas
preguntas e suxestións estimaren necesarias.

Finalizadas
todas as defensas de TFM da sesión correspondente, o tribunal publicará as
cualificacións provisionais no taboleiro do Mestrado.

En
relación coa avaliación de cada traballo, o tribunal procederá a:

a)    
Cualificar o traballo realizado coa nota media das
cualificacións emitidas por cada un dos membros. A cualificación poderá ser:

a.              
Non presentado

b.              
Suspenso: de 1 a 4.9

c.              
Aprobado: de 5 a 6.9

d.              
Notable: de 7 a 8.9

e.              
Sobresaliente: de 9 a 10

A mención
de «matrícula de honra» poderá ser outorgada en caso de que os membros do
tribunal estean de acordo na súa concesión por unanimidade.

b)    
Cubrir as actas de valoración.

Entrega
e defensa do TFM

Para a
defensa do TFM os estudantes deberán

-         
Presentar o DNI e a certificación académica.

-         
Ter superados os créditos de todas as materias e módulos que compoñen
este Mestrado.

-     Terse producido un mínimo de
dúas reunións entre o/a alumno/a e o/a titor/a.

-     Obter o visto e prace
(Secretaria Virtual) do/a titor/a do TFM.

-     Entregar o impreso de
solicitude de defensa que se xera na Secretaría Virtual.

-     Entregar tres exemplares do
TFM impresos en papel e encadernados (seguindo a estrutura e o formato que se describen
no apartado 5 deste documento) e un en soporte informático en formato PDF (CD
ou USB), todos eles asinados polo/a estudante.

A
documentación presentarase na Secretaría do Decanato da Facultade de Ciencias
da Educación en horario administrativo. No caso de se seguir o itinerario de
Educación Física a entrega farase na Facultade de Ciencias do Deporte e a
Educación Física. As datas de presentación dos traballos recóllense no anexo II.

O/a coordinador/a
do Mestrado publicará a relación de TFM recibidos e as datas para a súa
defensa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes