Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Defensa oral de traballos tutelados propostos polo profesor.

Traballos tutelados Traballos realizados polo alumno para aprofundar e afianzar os coñecementos sobre diferentes aspectos das tecnoloxías.

Os traballos tutelados non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega e defensa dos traballos será flexible segundo as necesidades deste alumnado.

Prácticas a través de TIC O alumno estudará a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas o alumno utilizará diferentes ferramentas propostas polo profesor.

As prácticas non serán necesariamente presenciais, facilitando así a súa realización para aqueles alumnos que non poidan asistir ás sesións presenciais ou o fagan de xeito parcial mediante a modalidade de matriculación a tempo parcial. A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades deste alumnado.

Lecturas Lectura de material bibliográfico e búsqueda de fontes de información para a realización dos traballos tutelados propostos polo profesor.

Proba mixta Proba escrita de resolución de cuestións e exercicios prácticos sobre os contidos da asignatura.

Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da asignatura dacordo cos resultados de aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes