Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Tecnoloxía para profesorado de educación secundaria obrigatoria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo C1 C3 C8 Avaliación dun proxecto de tecnoloxía realizado nun grupo de traballo, que se presenta nunha feira final orientada a persoas con diversidade funcional e/ou cognitiva. A feira realizarase de xeito presencial na data fixada pola docente. 30
Traballos tutelados A16 A17 A18 C1 C3 C8 Avaliación de traballos tutelados grupais de avaliación continua.
20
Proba mixta A16 C1 Avaliación dos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do curso mediante unha proba final. Realizarase de xeito presencial na data establecida no calendario académico. 50
 
Observacións avaliación

É obrigatorio o 80% de asistencia á aula dos/das estudantes para a avaliación continua das actividades de aprendizaxe e servizo e traballos tutelados. Se non se cumpren as entregas nas datas sinaladas a
cualificación da asignatura será “Non Presentado”.

A
cualificación será a media ponderada das notas das actividades e
traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na
data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das
partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de
non superar algunha das partes, na segunda oportunidade deberase entregar de novo e/ou repetir
todas as partes non aprobadas (respectivamente, actividades/traballos e/ou proba).  

Normas específicas de avaliación para estudantado con recoñecemento de dispensa académica, segundo as o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER
UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social
do 04/05/2017):
  1. Deberá
    poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se
    isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle
    fora concedido o recoñecemento.
  2. Terán
    que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos
    ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas pola docente. Se
    non se cumpre a entrega na data sinalada a cualificación será "Non Presentado".
O estudantado que, por circunstancias excepcionais, non cumpra a porcentaxe do 80% de asistencia, debe acollerse tamén ao punto 2 indicado anteriormente.

En todos os casos, a asistencia e participación na feira de tecnoloxía é obrigatoria para superar a materia.

A cualificación será “Non Presentado”: a) cando non se complete o proceso de avaliación
continua, nas condicións que figuran nesta guía docente, ou b) cando non se
presente á proba mixta na data oficial de avaliación.


A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado con “Suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade coma na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira
oportunidade, si fose necesario.



Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero (uso de linguaxe non
sexista, promóvese a participación de alumnos/as...). Tamén se
traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. Atenderemos ás situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas, no caso de
producirse.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes