Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Subjects
  Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Case study Análise de casos prácticos presentados polo docente.
Workbook Lectura de material bibliográfico e da web e busca e selección de información sobre situacións e estratexias didácticas.
Document analysis Análise de bibliografía e materiais didácticos da especialidade.
Simulation SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTO:
O alumnado debe partir dun problema e seguir todas fases do método, desde o punto de vista do profesor e desde o punto de vista do alumno.
Como profesor:
Elabora a proposta que debe incluír a metodoloxía de traballo, así como nivel, unidade/s didácticas relacionadas, intencionalidade da proposta, competencias desenvolvidas, momento temporal no curso, agrupamentos e criterios seguidos, necesidades organizativas (material, ferramenta,...), dificultades para o alumno ...

Como alumno:
Elabora o anteproxecto, presentando un informe.
Realiza a súa construción, presentando o prototipo e o diario de taller.
Realiza a avaliación e elabora a memoria do prototipo.

• A EXTENSIÓN DO TRABALLO ESCRITO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF. OS PLANOS ENTREGARANSE EN PDF.
• DEBERASE INCLUIR UN ÍNDICE PAXINADO
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE
• O PROTOTIPO DEBE ENTREGARSE NA AULA EXPOÑENDO A IDEA E O PROCESO SEGUIDO, PARA O QUE CONTARÁ CADA ALUMNO CON 5-10 MINUTOS



Field trip Esta actividade realizarase en dúas fases:
A primeira en grande grupo na que se realizará unha visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico.
A segunda en pequeno grupo, 3 ou 4 alumnos, segundo o acordo ao que se chegue na aula. Na que se estudarán os aspectos didácticos da actividade. Elaborando un informe no que se inclúan os seguintes apartados:
Índice paxinado
Fundamentación teórica que xustifique a metodoloxía empregada na proposta.
Proposta didáctica na que se contemplen actividades previas, a propia visita e actividades posteriores á visita.
Conclusións
Referencias bibliográficas
Anexo. Avaliación do traballo do grupo no que se reflicta claramente as responsabilidades de cada membro.
Directed discussion Servirá como contraste da avaliación das distintas actividades.
Cada alumno deberá presentar aos compañeiros os traballos realizados e se comentarán as distintas metodoloxías propostas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes