Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 Traballo individual tutelado de deseño e realización dunha actividade seguindo O MÉTODO DE PROXECTOS en contextualizado nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. contemplar significativamente os apartados especificados, tanto na parte correspondente ao profesor coma a do alumno
2. non empregar metodoloxías de profesor transmisor do coñecemento
3. integrar significativamente as TIC
4. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesión
5. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, tres revisións por esta antes da súa entrega definitiva.
6. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
7. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
8. seguir o formato establecido
9. ser entregado a través de MOODLE no plazo acordado na aula
50
Discusión dirixida A18 Fará as veces de exposición de traballos e proba final, servindo de contraste co resto dos traballos entregados. 30
Saídas de campo A18 Traballo en pequeno grupo tutelado de deseño e realización dunha actividade complementaria e contextualizado nunha das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. realizar a visita co grupo aula o día estipulado
2. contemplar significativamente os apartados especificados para a actividade
3. non empregar unha metodoloxía de profesor transmisor do coñecemento
4. integrar significativamente as TIC
5. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesións, a maiores das empregadas para a visita
6. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, tres revisións por esta antes da súa entrega definitiva.
7. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
8. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
9. seguir o formato establecido
10. ser entregado, a través de MOODLE, no plazo acordado na aula

CADA ALUMNO IDENTIFICARÁ CLARAMENTE A SÚA RESPONSABILIDADE DENTRO DO TRABALLO ENTREGADO, DE XEITO QUE SE PODA AVALIAR O SEU TRABALLO DESDE UNHA PERSPECTIVA INDIVIDUAL E OUTRA COLABORATIVA. TENDO CADA UNHA DELAS UN 50% DE PESO NA CUALIFICACIÓN FINAL.
20
 
Observacións avaliación
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.

Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traallos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5).

Se o alumno non acada o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.

O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou de non presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados que terá á súa disposición no curso correspondente de MOODLE, deberá obter unha cualificación positiva na mesma para que se avalíen os traballos do curso.

A cualificación final da 2ª oportunidade a media aritmética da nota da proba escrita e as dos traballos presentados, sendo o requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes