Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTOS:
O alumnado de Máster elaborará, en pequeno grupo, unha proposta didáctica baseada no método de proxectos, tanto desde o punto de vista do profesor/da profesora como desde o punto de vista do estudantado.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación ambiental.
- Entregar o prototipo á/ao docente na aula, durante a exposición oral.
- Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia).
50
Saídas de campo A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 Esta actividade realizarase en dúas fases:
A primeira en grande grupo, na que se realizará a visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico.
A segunda en pequeno grupo, de 3 ou 4 alumnos/as, segundo o acordo ao que se chegue na aula. Nesta o alumnado estudará os aspectos didácticos da actividade, para o que elaborará un informe no que se inclúan os apartados especificados pola/polo docente.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do informe antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún informe entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

A entrega do informe fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia).
25
Foro virtual A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.

Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente.
15
Presentación oral A19 A21 A23 A24 C3 C7 Exposición por parte de cada pequeno grupo do traballo tutelado realizado na materia (simulación do método de proxectos). A duración máxima da presentación oral son 20 minutos. Na presentación é imprescindible entregar o prototipo á/ao docente na aula.

Todos os membros do grupo deben participar de xeito equilibrado na exposición.
10
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Na primeira
oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos catro
traballos/actividades (foro virtual, saídas de campo, simulación e presentación
oral), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou superior). 

Se o estudante non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o
traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non
presentado.

O alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria)
non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou superior) ou non se tivera
presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados na
materia. Ademais, o alumnado realizará de novo as actividades que na primeira
oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso, ou non se presentaran (foro
virtual, saídas de campo, simulación e presentación oral). Deste xeito, a
cualificación final da segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria) será
a media aritmética da proba escrita e as das actividades presentadas, sendo
requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes. A
cualificación das actividades presentadas calcularase coa mesma ponderación que
na primeira oportunidade.

O alumnado con dispensa académica terá as
mesmas condicións que o alumnado non asistente ao 80% da docencia, sempre e
cando realice unhas actividades deseñadas pola/polo docente que debe de
entregar no prazo acordado con este.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes