Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTOS:
O alumnado de Máster elaborará, en pequeno grupo, unha proposta didáctica baseada no método de proxectos, tanto desde o punto de vista do profesor/da profesora como desde o punto de vista do estudantado, que será presentado a través dunha exposición oral.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade).
- Entregar o prototipo ao persoal docente da materia na aula, o día da exposición oral.
- Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa exposición oral. Non se valorará ningún traballo que non fose titorizado previamente. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia.
- Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.”

A exposición oral do traballo tutelado por parte de cada pequeno grupo realizarase en soporte audiovisual, mediante a creación dun vídeo. Todos os membros do grupo participarán na exposición oral dun xeito equilibrado. Os vídeos exporanse na aula e o resto de compañeiros/as de aula coavaliarán o traballo, xunto co persoal docente da materia. Despois da visualización de cada vídeo, o persoal docente da materia interactuará co alumnado autor do vídeo, a través de cuestións. A duración mínima da presentación oral en soporte audiovisual é de 10 minutos e a duración máxima é de 20 minutos. A duración máxima da interacción persoal docente-alumnado é de 10 minutos. O día da presentación oral é imprescindible entregar o prototipo ao persoal docente da materia, facendo unha demostración do seu funcionamento. Dita demostración non excederá dos 5 minutos de duración.

A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).

60
Saídas de campo A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 Esta actividade realizarase en dúas fases:
- A primeira, en grande grupo, na que se realizará a visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico.
- A segunda, en pequeno grupo, na que o alumnado estudará os aspectos didácticos das saídas de campo, para o que elaborará un informe tutelado no que se inclúan os apartados especificados polo persoal docente da materia. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade).
- Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do informe antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún informe entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas do informe. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia.
- Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.”

A entrega do informe fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).

25
Solución de problemas A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 Actividades baseadas na resolución de problemas concretos, a partir dos coñecementos que se traballaron nas aulas. As actividades teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas polo persoal docente da materia, no prazo establecido por este.

A entrega das actividades fora de prazo suporá a avaliación das mesmas na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).
15
Proba mixta A15 A19 A21 A23 A24 C3 C7 Ver apartado de "observacións avaliación". 0
 
Observacións avaliación

A
asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante non acada o
80% de asistencia, será avaliado coma se fose alumnado con recoñecemento de
dispensa académica.

Nótese
que o alumnado matriculado nesta materia participará nun entorno de aprendizaxe
gamificado/ludificado obrigatorio con repercusión na cualificación final da
materia a modo de extra. Deste xeito, as actividades de gamificación serán
entregadas nas datas establecidas polo persoal docente e terán unha nota extra
máxima de 1 punto sobre a cualificación final, que sumarase soamente no caso de
que a materia estea aprobada previamente (5 ou superior sobre 10), segundo as
consideracións recollidas na presente guía docente.


ALUMNADO QUE ASISTE A MÁIS DO 80% DAS AULAS. Na primeira oportunidade (convocatoria
ordinaria) a cualificación final será a media ponderada das notas das
actividadesda materia (solución de problemas: 15%,
saídas de campo: 25%, e simulación: 60%), debendo obter en cada unha das partes
un aprobado (5 ou superior sobre 10). Se non se cumpre coa entrega das actividades na
data sinalada, considerarase como “non presentado” na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria). Cando nalgunha das partes da materia se acade a
cualificación de suspenso (solución de problemas, saídas de campo, simulación),
a cualificación da materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota
da actividade suspensa máis alta.

O alumnado que na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria) non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou
superior sobre 10) ou non se tivera presentado, na segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) realizará unha proba proba mixta (escrita, presencial
e individual) na data oficial do calendario académico sobre os contidos
traballados na materia. Ademais, o alumnado realizará de novo as actividades que
na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso ou non se
presentaran (solución de problemas, saídas de campo e simulación). Deste xeito,
a cualificación final da segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria)
será a media aritmética da proba mixta, e das actividades da materia, sendo
requisito imprescindible obter o aprobado previo (5 ou superior sobre 10) en
ámbalas partes. A cualificación das actividades calcularase coa mesma ponderación
que na primeira oportunidade (solución de problemas: 15%, saídas de campo: 25%,
e simulación: 60%).


ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo
o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na
Universidade da Coruña”:

-      Deberá poñelo en coñecemento do persoal docente na primeira semana
de aulas, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde
que lle fora concedido o recoñecemento. 

-      Terá
que realizar de forma individual todas as actividades da materia propostas ao
longo do curso (solución de problemas: 15%, saídas de campo: 25%, e simulación:
60%), e entregalas nas datas establecidas polo persoal docente, debendo obter
en cada unha das partes un aprobado (5 ou superior sobre 10). Ademais, tal e
como se especificou no apartado de “atención personalizada”, terá que realizar
unha serie de actividades extra deseñadas polo persoal docente da materia, que
debe entregar nas datas establecidas por este, debendo obter en cada unha das
mesmas a cualificación de “apto”. Se non se cumpre coa entrega das actividades (incluídas
tamén as actividades extra) na data sinalada, considerarase como “non
presentado” na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria). Cando algunha
das actividades da materia (incluídas tamén as actividades extra) acaden a
cualificación de suspenso/ "non apto", a cualificación da materia
será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade suspensa
máis alta

 -      Para a cualificación da
materia na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria), a nota calcularase a
partir da media aritmética da proba mixta (escrita, presencial e individual)  a realizar na data oficial do calendario
académico (primeira oportunidade) sobre os contidos da materia,  e das
actividades entregadas (solución de problemas: 15%, saídas de campo: 25%, e
simulación: 60%, así coma as actividades extra), sendo requisito imprescindible
obter o aprobado/“apto” (5 ou superior sobre 10) en todas as partes. Cando
algunha das partes acaden a cualificación de suspenso/“non apto”, a
cualificación da materia será a de suspenso, sendo a cualificación final a nota
da actividade/proba suspensa máis alta.

- Na segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria), o alumnado realizará de novo as actividades que
na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso/“non apto” ou
non se presentaran (solución de problemas, saídas de campo e simulación, así
coma as actividades extra). Deste xeito, a cualificación final da segunda
oportunidade (convocatoria extraordinaria) calcularase a partir da media
aritmética da proba mixta (escrita, presencial e individual) a realizar na data
oficial do calendario académico (segunda oportunidade) sobre os contidos da
materia, e das actividades entregadas (solución de problemas: 15%, saídas de
campo: 25%, e simulación: 60%, así coma as actividades extra), sendo requisito
imprescindible obter o aprobado/“apto” (5 ou superior sobre 10) en todas en todas
as partes. Cando algunha das partes acaden a cualificación de suspenso/“non
apto”, a cualificación da materia será a de suspenso, sendo a cualificación
final a nota da actividade/proba suspensa máis alta.


CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA NA PROBA MIXTA. Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”:
1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”.
2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.”
3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.”

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes