Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Foro virtual Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas a debate para o estudo de casos e compartir artigos sobre os temas de estudo.
Proba obxectiva Para o contraste entre o realizado na aula e os coñecementos adquiridos.
Consistirá no deseño de pequenas propostas de ensino-aprendizaxe.
Traballos tutelados Traballo individual que consistirá no deseño dunha Unidade Didáctica que cumpra os seguintes requisitos:
• A METODOLOXÍA EMPREGADA NON PODERÁ SEGUIR EN NINGÚN CASO O MODELO DE PROFESOR TRANSMISOR DE COÑECEMENTO, SENDO IMPRESCINDIBLE DARLLE AO ALUMNO O PAPEL PROTAGONISTA E CONVERTÍNDOO EN CONSTRUTOR DO SEU PROPIO COÑECEMENTO.
• ADEMAIS DO ÍNDICE PAXINADO INCLUIRÁ OS SEGUINTES APARTADOS:
1. Identificación, introdución, contextualización e xustificación da Unidade.
2. Vinculación co curriculum da materia.
3. Procedementos para realizar a avaliación inicial dos coñecementos previos e da motivación do alumnado.
4. Deseño de obxectivos. Específicos e de etapa.
5. Secuencia de contidos, estruturada nos eixes: concpetuais, procedimentais e actitudinais.
6. Contribución ao logro das competencias clave.
7. Estandares de aprendizaxe. Relación co resto dos elementos curriculares.
8. Metodoloxía didáctica especificando e xustificando o rol do docente e o do alumnado.
9. Deseño de actividades de ensino-aprendizaxe temporalizadas, incluíndo as de reforzo e de ampliación, e as adaptacións curriculares.
10. Recursos materiais e espazos.
11. Criterios de avaliación en relación aos estándares de aprendizaxe e ás competencias clave. Mínimos esixibles.
12. Procedementos e instrumentos e avaliación, indicando que se avalía cos mesmos.
13. Criterios de cualificación.
14. Avaliación da proposta e da práctica docente.
15. Medidas de atención á diversidade.
16. Contidos transeversais.
17. Referencias bibliográficas e webgrafía.
• CADA APARTADO CONTARÁ COA SÚA CORRESPONDENTE INTRODUCIÓN
• REALIZARASE MAIORITARIAMENTE AO LONGO DAS SESIÓNS, DURANTE AS QUE SE COMENTARÁN OS PROBLEMAS E PROGRESOS NA ELABORACIÓN DAS MESMAS. NON SENDO VALORADA NINGUNHA UNIDADE ENTREGADA QUE NON FOSE TITORIZADA PREVIAMENTE POLA DOCENTE. DITA TITORIZACIÓN REALIZARASE SOBRE APARTADOS COMPLETOS E NON SOBRE ESQUEMAS DA UD.
• A EXTENSIÓN DO TRABALLO SERÁ DE 30 PÁXINAS MÁXIMO E 15 PÁXINAS MÍNIMO EN DIN A4, IMPRESAS EN ARIAL 11 A DOBRE ESPAZO E MARXES A 2 CM, EN FORMATO WORD E PDF.
• ENTREGARASE A TRAVÉS DO CURSO MOODLE CORRESPONDENTE Á ASIGNATURA

RECOMÉNDASE BASEARSE NO CONTEXTO DO PRÁCTICUM E INTEGRAR O PROXECTO E ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO MÓDULO DE DIDÁCTICA DA TECNOLOXÍA, ASÍ COMO CALQUERA ACTIVIDADE REALIZADA EN MÓDULOS ANTERIORES
Lecturas Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.
Estudo de casos Programacións de aula xa elaboradas e postas en práctica en contextos reais. Servirá de información para a realización dos traballos tutelados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes