Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade para levar a cabo na aula co obxectivo de coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado de cara á materia. Posteriormente, darase a coñecer os obxectivos e competencias a adquirir na materia, así coma a forma de traballar na mesma.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte da/do docente, buscando ao mesmo tempo a participación do alumnado.
Glosario Recurso que consiste na explicación dun conxunto de termos ou conceptos propios materia.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en pequeno grupo que se leva a cabo para resolver tarefas asignadas pola/polo docente para optimizar o propio proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
Foro virtual Espazo de comunicación entre o alumnado e a/o docente, así coma entre as/os estudantes para traballar os contidos da materia. Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente.
Lecturas Busca e lectura de material bibliográfico para a realización de tarefas e para levar a cabo o traballo tutelado.
Estudo de casos Análise de programacións de aula presentadas pola/polo docente.
Traballos tutelados Traballo grupal tutelado que consistirá no deseño, planificación e avaliación dunha Unidade Didáctica (UD), cuios apartados serán especificados nas sesións de clase.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación ambiental.
- Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Prácticas de laboratorio Traballo a realizar no laboratorio ou na aula sobre aspectos concretos da materia de Tecnoloxía, seguindo guións e utilizando recursos e materiais habituais nos centros de ensino de secundaria.
Proba obxectiva Proba escrita individual utilizada para avaliar os coñecementos adquiridos ao longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes