Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A23 A25 C3 C7 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.
Valorarase, por un lado, a participación individual para:
1. a presentación de dúbidas ou comentarios persoais sobre o deseño da UD ou o curriculum
2. aportación de artigos relacionados coa temática
e por outra banda a colaboración no grupo de cara a axudar aos compañeiros. Tendo cada parte, persoal e cooperativa un 50% de peso na cualificación final.
A participación deberá ser equilibrada ao longo do tempo que dure o módulo, non valorándose entradas puntuais como a participación en unha ou dúas datas únicamente.
10
Proba obxectiva A18 A20 A21 A22 A24 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará o coñecemento dos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino aprendizaxe. 30
Traballos tutelados A15 A18 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A27 C3 C7 Traballo individual tutelado de deseño dunha Unidade Didáctica das materias de Tecnoloxía da ESO ou do Bacharelato. (non se admitirá de ningunha outra materia)
Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
1. contemplar significativamente os 17 apartados especificados
2. non empregar unha metodoloxía de profesor transmisor do coñecemento
3. integrar significativamente as TIC
4. estar temporalizada para un mínimo de 8 sesión
5. debe estar tutorizada pola docente de xeito que se realicen, alomenos, dúas revisións por esta antes da súa entrega definitiva. Non se avaliarán as UD que non fosen revisadas previamente pola docente. As revisións realizaranse sobre apartados completos, non sobre esquemas da UD.
6. empregar os curriculumns vixentes no momento de realización da mesma
7. os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento."
8. seguir o formato establecido
9. ser entregado no plazo acordado na aula
60
 
Observacións avaliación
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.

Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres traallos, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5).

Se o alumno non acada o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non presentado.

O alumnado que na primeira oportunidade non obtivese unha cualificación final positiva (5) ou de non presentado, realizará unha proba escrita sobre os contidos traballados que terá á súa disposición no curso correspondente de MOODLE.


A cualificación final da 2ª oportunidade a media aritmética da nota da proba escrita e as dos traballos presentados, sendo o requisito imprescindible obter o aprobado previo en ámbalas dúas partes.

O alumnado con dispensa académica terá as mesmas condicións co alumnado non asistente ao 80% da docencia, sempre e cando realice unhas actividades deseñadas polo/a docente que debe de entregar no prazo que se lle comunique e acorde co docente.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes