Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 Participación nos foros virtuais establecidos ao longo do curso.

Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente.
20
Proba obxectiva A20 A22 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia, incidindo nos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino-aprendizaxe.

Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”:
1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”.
2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.”
3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.”
30
Traballos tutelados A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 Traballo grupal tutelado que consistirá no deseño, planificación e avaliación dunha Unidade Didáctica (UD), cuios apartados serán especificados nas sesións de clase.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación ambiental.
- Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe.
- Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia).
50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Na primeira
oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos tres
traballos (foro virtual, traballo tutelado e proba escrita), debendo obter en
cada unha das partes un aprobado (5 ou superior). 

Se o/a estudante non acada o 80% de asistencia, non se avaliará o
traballo realizado ao longo do curso e a cualificación será a de non
presentado.

O alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria)
non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou superior), realizará os
traballos que na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso
(foro virtual, traballo tutelado e proba escrita). Nótese que as tarefas do
foro virtual presentaranse en forma de portafolio. Deste xeito, a cualificación
final da segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria) será a media
ponderada das notas dos tres traballos (foro virtual, traballo tutelado e proba
escrita), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior). 

O alumnado con dispensa académica terá as mesmas condicións que o
alumnado non asistente ao 80% da docencia. Deste xeito, o alumnado que non se
tivera presentado na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria) ou con
dispensa académica realizará os tres traballos (foro virtual, traballo tutelado
e proba escrita), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior). Nótese que as tarefas do foro virtual presentaranse en forma de
portafolio. Ademais, dito alumnado terá que realizar unhas actividades
deseñadas pola/polo docente que debe de entregar no prazo acordado con este,
sendo requisito para aprobar a materia. Deste xeito, a cualificación final será
a media ponderada das notas dos tres traballos (foro virtual-tarefas presentadas
en forma de portafolio-, traballo tutelado e proba escrita), debendo obter en
cada unha das partes un aprobado (5 ou superior).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes