Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Deseño. planificación e avaliación de propostas didácticas de tecnoloxía na educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 Actividades baseadas na resolución de problemas concretos, a partir dos coñecementos que se traballaron nas aulas. As actividades teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas polo persoal docente da materia, no prazo establecido por este.

A entrega das actividades fora de prazo suporá a avaliación das mesmas na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).
20
Proba mixta A20 A22 A25 A27 Proba escrita individual na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia, incidindo nos distintos elementos curriculares e a súa concreción en propostas de ensino-aprendizaxe.

Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”:
1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”.
2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.”
3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.”
30
Traballos tutelados A20 A22 A23 A25 A27 C3 C7 Traballo grupal tutelado que consistirá no deseño, planificación e avaliación dunha Unidade Didáctica (UD), cuios apartados serán especificados nas sesións de aula.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade).
- Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas do traballo. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia.
- Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.”

A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria da materia).
50
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante
non acada o 80% de asistencia, será avaliado coma se fose alumnado con
recoñecemento de dispensa académica.



ALUMNADO QUE ASISTE A MÁIS DO 80% DAS AULAS. Na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria) a cualificación final será a media ponderada das notas
das distintas actividades da materia (solución de problemas: 20%, traballo
tutelado: 50%, e proba mixta: 30%), debendo obter en cada unha das partes un
aprobado (5 ou superior sobre 10). Se non se cumpre coa entrega das actividades na data sinalada, considerarase como “non presentado” na primeira oportunidade (convocatoria
ordinaria). Cando algunha das partes da materia (solución de problemas, traballo
tutelado, ou proba mixta) acaden a cualificación de suspenso, a cualificación
da materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade
suspensa máis alta. Nótese que a proba mixta é individual, escrita e presencial,
tendo lugar na data oficial do calendario académico.

O alumnado que na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria) non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou
superior sobre 10) ou non se tivera presentado, na segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) realizará de novo a proba mixta na data oficial
do calendario académico. Ademais, o alumnado realizará de novo as actividades que
na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso ou non se
presentaran. Deste xeito, a cualificación final da segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) será a media ponderada das notas das distintas
actividades da materia (solución de problemas: 20%, traballo tutelado: 50%, e
proba mixta: 30%), debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior sobre 10).

 


ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo o establecido
na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a
progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na Universidade da
Coruña”:

 -      Deberá poñelo en coñecemento do persoal
docente na primeira semana de aulas, ou, se isto non fora posible, nun prazo
non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 

 -       Terá que realizar de
forma individual todas as actividades da materia propostas ao longo do curso, e
entregalas nas datas establecidas polo persoal docente, debendo obter en cada
unha das partes un aprobado (5 ou superior sobre 10). Ademais, tal e como se
especificou no apartado de “atención personalizada”, terá que realizar unha
serie de actividades extra deseñadas polo persoal docente da materia, que debe
entregar nas datas establecidas por este, debendo obter en cada unha das mesmas
a cualificación de “apto”. Se non se cumpre coa entrega das actividades (incluídas
as actividades extra) na data sinalada, considerarase como “non presentado” na
primeira oportunidade (convocatoria ordinaria).

 -       Para a cualificación da
materia na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria), a cualificación
final será a media ponderada das notas das distintas actividades da materia
(solución de problemas: 20%, traballo tutelado: 50%, proba mixta: 30%,
actividades extra), debendo obter en cada unha das partes un
aprobado/"apto" (5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da
materia (solución de problemas, traballo tutelado, proba mixta, actividades
extra) acaden a cualificación de suspenso/”non apto”, a cualificación da
materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade
suspensa máis alta. Nótese que a proba mixta é individual, escrita e
presencial, tendo lugar na data oficial do calendario académico.

 -    Na segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria), o alumnado realizará de novo as actividades que
na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de suspenso/“non apto” ou
non se presentaran (solución de problemas, traballo tutelado, proba mixta,
actividades extra). Deste xeito, a cualificación final da segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) será a media ponderada das notas das actividades
da materia (solución de problemas: 20%, traballo tutelado: 50%, proba mixta:
30%, actividades extra), debendo obter en cada unha das partes un un
aprobado/"apto" (5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da
materia (solución de problemas, traballo tutelado, proba mixta, actividades
extra) acade a cualificación de suspenso/ “non apto”, a cualificación da
materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade
suspensa máis alta. Nótese que a proba mixta é individual, escrita e
presencial, tendo lugar na data oficial do calendario académico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes