Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Didáctica da matemática para profesorado de educación secundaria
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ...
10
Prácticas a través de TIC A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C6 C8 Valorarase o material realizado polos estudantes, a destreza e a orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interese dos contidos. Ademais de que deben seguir as directrices expostas destas actividades no campus virtual da materia. 30
Traballos tutelados A16 A18 A20 A21 A25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Valorarase o grado de consecución de cada un dos traballos demandando seguindo as directrices da persoa docente.
Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 7ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace: https://infoguias.biblioteca.udc.es/citas_referencias/plagio
Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento."
20
Proba mixta A16 A18 A20 A21 A25 C1 C6 C8 Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas.
30
Presentación oral A16 A18 A20 A21 A25 C1 Valorarase a claridade e a habilidade para presentar a información, a comunicación de resultados e as conclusións. 10
 
Observacións avaliación

As porcentaxes da avaliación son orientativos, poden modificarse ao longo do curso escolar dependendo do grupo-aula.

É obrigatoria a asistencia do alumnado que debe cumprir o 80% das sesións de aula, posto que a avaliación é continua a través da realización das anteriores actividades de avaliación. Deste xeito a cualificación final na 1ª oportunidade será a media ponderada das cualificacións dos traballos e da proba escrita, debendo alcanzar na proba escrita un mínimo de 5 puntos sobre 10 para facer media, de non ser así a cualificación final será de SUSPENSO (a media ponderada das actividades suspensas). 

O ou a estudante que por circunstancias excepcionais non alcance a porcentaxe do 80% de asistencia, terá que realizar as tarefas de avaliación de forma individual ao longo do curso con datas marcadas pola persoa docente onde debe alcanzar en todas elas unha cualificación de 5 sobre 10 para superar a materia.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o establecido na normativa académica da UDC:

- Deberá poñelo en coñecemento da persoa docente na primeira semana de aulas ou, se non fose posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fose concedido o recoñecemento.

- Terá que realizar, de forma individual, todas as tarefas/traballos/probas de aula e de avaliación propostos ao longo do curso e realizar a súa entrega nas datas establecidas pola persoa docente. Se non cumpre coa entrega en data e forma solicitada considerarase un NON PRESENTADO, xa que por normativa no Artigo 21.2 considérase dita cualificación cando non completa o proceso de avaliación continua nas condicións que figuran na guía docente.

- A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. Pola contra será a media ponderada das partes suspensas. No caso de non superar algunha das partes na segunda oportunidade, deberá repetir todas as partes non aprobadas (actividades, traballos e/o proba mixta).

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación; unha vez comprobada, implica directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “Suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Nesta materia incorpórase a perspectiva de xénero; (uso de linguaxe non sexista, promóvese a participación de alumnos/as...). Tamén se traballará para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalas e fomentar valores de respecto e igualdade. Atenderemos as situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas, no caso de producirse.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes