Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Iniciación á investigación educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A28 C8 Consistirá nun test de resposta múltiple con tres alternativas de resposta múltiple 30
Traballos tutelados A28 C8 Os estudantes deberán elaborar un proxecto investigador xustificando cada decisión tomada no mesmo. Poderase presentar de xeito individual ou grupal. Na avaliación do grupo se tendrá en conta a calidade do traballo e o seu carácter innovador. Na avaliación individual tamén se terá en conta a participación de cada estudante no traballo do grupo así como a asistencia as diferentes sesións que se puntuará como máximo con 1 punto.
70
 
Observacións avaliación

A cualificación de Non Presentado se otorgará a todos aqueles estudantes que non se presenten á proba de resposta múltiple e non teñan presentado o traballo tutelado, na convocatoria oficial. A calificación de Non Apto otorgarase a aqueles estudantes que non acadaran a metade da puntuación en cada unha das metodoloxías sinaladas, é dicir, a lo menos un 1,5 na proba de resposta múltiple, e un 3 no traballo tutelado. O punto restante correspóndese coa asistencia e terá que ser alomenos do 80% das sesións do curso para poder sumar as outras dúas notas.  

No caso de non asistir ao 80% das sesións, o estudante só terá dereito a facer a proba final de resposta múltiple, que será máis ampla que a que deben realizar os asistentes e que puntuará sobre 9. Para aprobar a asignatura será preciso conquerir alomenos un 4,5 sobre 9. 

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial seguirán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes presenciais; pero coa diferenza de que terán un seguimento coa asistencia a dúas titorías coa profesora.  

No caso de non obtener a cualificación de 5 na primeira convocatoria, se conservará a nota do traballo tutelado para a seguinte convocatoria. A partir da terceira convocatoria, xa se deberá ir só á proba de resposta múltiple. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes