Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Didáctica. currículo e organización escolar Código 652603001
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo. Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade. Os principais temas e núcleos de coñecemento que se tratarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Lecturas - Portafolios do alumno/a (computa na avaliación) - Atención personalizada - Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba mixta. Non se realizará e no seu lugar levarase a cabo unha “Proba de solución de problemas” que para o alumnado que cumpra cos criterios de asistencia da docencia presencial impartida ata o momento, será de carácter grupal. Para o alumnado non asistente, a devandita proba será de carácter individual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Indica as ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.). Para cada unha, indica a temporalidade (por exemplo a frecuencia semanal de realización) e descrición de como se desenvolve. - Correo electrónico. Diariamente para a resolución de dúbidas puntuais e, no caso de que o volume de correos así o requira, as consultas serán arquivadas e respondidas no horario de titorías establecido pola profesora. - Moodle. Repositorio de documentos de lectura (obrigatorios e adicionais). Publicación de indicacións para a realización do Portafolios do alumnado e a proba de Resolución de problemas. Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas. Poderán existir “Foros de actividade específica” ou “ Foros temáticos asociados aos módulos” no caso de ser preciso. - Microsoft Teams. A profesora estará dispoñible a través de Teams nos horarios oficialmente destinados á materia, tanto para a realización de actividades docentes como de titorías. Tamén se desenvolverán sesións de titoría de acordo aos horarios oficiais e opcionalmente a petición do alumnado en función das súas posibilidades de conectividade, así como sesións de revisión de traballos e cualificacións finais. 4. Modificacións na avaliación Indica como queda a avaliación unha vez aplicadas as modificacións, sinalando a metodoloxía (% no peso da cualificación) e a súa descrición. As metodoloxías que se terán en conta para a configuración da nota final serán: Portafolios do alumnado (70%): Mantense esta metodoloxía nas mesmas condicións que se establecen na guía docente da materia. Solución de problemas (30%): Para o alumnado que cumpre cos criterios de asistencia ás actividades presenciais realizadas ata o momento, a proba será de carácter grupal. No caso do alumnado que non cumpra con dita asistencia, a proba será de carácter individual. Na mañá da data oficial fixada para a realización do exame da materia publicaranse na Moodle as características dun caso a analizar con base nunha serie de preguntas orientativas. A análise do caso implicará dar un tratamento global aos contidos abordados na materia. O alumnado disporá até o final dese día para resolver individualmente o problema e entregalo pola Moodle a través dunha tarefa que se abrirá para este fin. O documento debe ser realizado con letra de imprenta e poderá entregarse tanto nun formato de arquivo de texto (.doc, ,docx, rtf, etc.) ou en .pdf. No caso de que o alumnado non teña as condicións necesarias para cumprir co requisito anterior, deberá comunicalo ás docentes o antes posible para poder realizar os axustes oportunos. *Observacións de avaliación: (Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.) *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que o cómputo da asistencia, só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial. Para superar a materia será preciso aprobar as dúas partes que compoñen a avaliación (portafolios e proba de solución de problemas). Na segunda oportunidade de avaliación a proba de solución de problemas será de carácter individual para todo o alumnado que teña que facer uso dela. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os documentos de uso obrigatorio da materia estarán dixitalizados en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes