Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Desenvolvemento psicolóxico e apredizaxe escolar
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe. Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade, prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización AP1
AP2
AP3
AP4
AP9
AP10
AP14
AP24
AP27
AP29
AP30
AP31
AP32
AP33
CM1
CM3
CM4
CM7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. AP1
AP2
AP3
AP4
AP9
AP10
AP14
AP24
AP27
AP29
AP30
AP31
AP32
AP33
CM1
CM3
CM4
CM7
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes