Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Practicum
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Practicum Código 652603306
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Educación Física e Deportiva
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Profesorado
Alsina Santasusana, Maria del Carmen
Carrera Lopez, Celso Carlos
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
López Villar, Cristina
Montero Seoane, Antonio
Toja Reboredo, Maria Belen
Valverde Romera, Joaquina
Vazquez Lazo, Juan Carlos
Correo electrónico
m.alsina@udc.es
celso.carrera@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
cristina.lopezv@udc.es
antonio.montero.seoane@udc.es
belen.toja@udc.es
joaquina.valverde@udc.es
juan.lazo@udc.es
Web
Descrición xeral As prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional do alumnado deste mestrado. Permitirán coñecer as tarefas que se levan a cabo nun centro educativo de ensino secundario e posibilitarán o establecemento de relacións frutíferas entre docentes do ámbito universitario (algúns deles tamén docentes en secundaria), docentes en activo no ensino secundario e o alumnado que pretende proxectar a súa vida profesional no ámbito docente. As prácticas están deseñadas para ofreceren a este alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que como futuros profesores e profesoras van desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter un coñecemento vivencial do traballo docente. Agárdase que sexa tomado como a oportunidade que é, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Non se debe esquecer que, como oportunidade, son os centros e o profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e así debe ser recoñecido polo alumnado implicado e pola Universidade; este recoñecemento será compatible cunha actitude de observación e esculca propios do momento formativo en que estamos. Non se trata de imitarmos os modelos de acción que se observen, senón de analizar e reflexionar sobre esas e outras posibles alternativas de actuación profesional. A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser comprendida se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre este. Para isto é necesario ter un coñecemento sistematizado e profundo sobre o que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento enriquecerá sen dúbida aqueloutros coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico como dos específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor. Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e contrastar o seu traballo e os seus hábitos no día a día da aula e para tomar contacto, aínda que sexa brevemente, coa reflexión que desde fóra deses centros de ensino secundario se fai. Sen esquecer que en definitiva se están a formar os futuros docentes e colegas de profesión, evitando que o seu primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as urxencias de dirixir un grupo de alumnos e alumnas. Este mesmo afán terá o profesorado da Facultade, algúns deles compartindo ambos os ámbitos –o universitario e o do ensino secundario- que ademais terá a oportunidade de contrastar as mensaxes e estratexias de traballo nos módulos teóricos coa práctica vivida e relatada por estas persoas nos centros.
Plan de continxencia Plan de continxencia Practicum Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen • Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías modifícanse en función do número de horas presenciais realizadas polo alumnado. Se houbera algún caso excepcional, que non se enmarcara en ningún dos tres escenarios previstos, estudiarase individualmente pola Comisión Académica do mestrado. Escenario 1. Horas de prácticas completadas na súa totalidade Mantense a guía docente, tanto a planificación prevista, como a avaliación. Pudendo axustarse aos novos prazos, reflectidos na calendarización dispoñible na guía das prácticas. Escenario 2. Número de horas igual ou superior á metade das horas presenciais Os traballos tutelados materializados na memoria de prácticas, non terán parte presencial e se fará un seguimento online por parte do titor/a de facultade. Compensarán a presencialidade no centro de prácticas e estarán destinadas a completar os distintos apartados da memoria, de xeito que se podan construír as aprendizaxes que se pretenden no Practicum. O profesorado titor da Facultade será o responsable de guiar e orientar este tipo de tarefas complementarias para a realización da memoria. Escenario 3. Número de horas inferior á metade das horas Do mesmo xeito que no escenario 2, o alumnado terá que compensar, nos traballos tutelados, a diminución do número de horas presenciais. A diferencia do escenario anterior, non acadan a metade das horas de estadía no centro, pero sí fixeron 25 horas da semana de observación. Neste senso terán que completar a saída de campo cun suposto práctico deseñado polo coordinador/a do seu itinerario, que se integrará dentro da memoria de prácticas(Para máis información véxase Guía de Prácticas). Escenario 4. No caso de non poder incorporarse aos centros de prácticas. Optarase pola formación telepresencial sempre que os centros o permitan. No caso contrario, se propondrá unha formación alternativa de carácter práctico. No caso de non poder asistir ao centro, o traballo tutelado será avaliado polo tutor da udc na súa totalide, e se mofificarían as metodoloxías en consecuencia. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Indica as ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.) e, para cada unha delas, indica a súa temporalidade (por exemplo a frecuencia semanal de realización) Ferramenta Temporalización TEAMS, MOODLE, EMAIL ou a vía telemática que acorde o profesorado titor co seu alumnado Os titores e titoras de facultade deben realizar as adaptacións precisas para poder continuar coa súa labor de orientación do alumnado vía telemática. Modificacións na avaliación (Indica na seguinte táboa como queda a avaliación unha vez aplicadas as modificacións por mor do COVID-19.) Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Saídas de campo Non se modifica Non se modifica Traballos tutelados Non se modifica Non se modifica Observacións de avaliación: O envío das cualificacións finais por parte do profesorado titor da facultade debe ir precedido da revisión co seu alumnado. O profesorado titor establecerá as canles para poder levala a cabo por medios telemáticos, para que o alumnado poida ter o dereito de acudir a consultar a súa cualificación se así o quixera. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación. A memoria, que recolle todos os traballos realizados no practicum, deberá ser subida á aplicación de practicum de xeito obrigatorio nas datas indicadas no calendario oficial, dispoñible na guía de prácticas, e se o profesorado titor de facultade requirise outras vías complementarias e adicionais de entrega ademais da aplicación, deberían ser telemáticas. Sempre e cando a universidade contemple esta posibilidade, se poderá someter a instancias da Comisión Académica do Mestrado a modificación das datas de realización do practicum á Xunta de Facultade. A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: - A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. - As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda. Modificacións da bibliografía ou webgrafía (Relaciona neste apartado o material bibliográfico ou as ligazóns web que mudaron con respecto á guía inicial)
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes