Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Organización e marco legal da educación física e do deporte en idade escolar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A2 A4 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A24 A25 A26 A27 A28 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación da análise que realiza o alumnado de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
40
Traballos tutelados A2 A4 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A24 A25 A26 A27 A28 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
40
Proba de resposta breve A15 A18 A19 A26 A27 C1 C3 C8 Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo. 20
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: Ao alumnado que participou nun80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. Poderase solicitar ao alumnado que realice as probas de forma individual.

O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: traballo tutelado (100%) ou exame (100%), entregado na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e no que se deberá demostrar o dominio dos contidos da materia. O profesorado da materia poderá solicitar a realización dunha presentación oral do traballo, que computará de forma integrada dentro deste ítem de avaliación.

En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida no resto das actividades de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes