Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Atención á diversidade na educación física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A4 A10 A14 A17 A18 A19 A20 A21 A24 A25 A27 A28 A30 A34 A37 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente inclusiva na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase preferentemente de forma grupal.

O preofesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
60
Proba de resposta breve A1 A2 A8 A10 A11 A14 A18 A22 A26 A27 C1 C3 C4 C7 Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

 

Segunda oportunidade: Ao alumnado que participou nun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.

 

O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: traballo tutelado (100%) ou exame (100%), entregado na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña  e no que se deberá demostrar o dominio dos contidos da materia. 

En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes