Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Educación física e educación en valores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A8 A11 A12 A17 A18 A20 A22 A28 C1 C2 C3 C4 Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polas docentes en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias 20
Traballos tutelados A24 A25 A26 A27 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. O traballo realizarase en grupos.

A profesora especificará con antelación os requisitos formáis de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
40
Proba de resposta breve A4 A5 Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

 1.Apartado teórico 50% 2.Apartado práctico 30% (trabajo tutelado). 3.Participación y asistencia 20% (Prácticas de actividad física, aprendizaje colaborativa y asistencia clases teóricas). 

Aquellos alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia serán evaluados a través de trabajo y prueba individual, al igual que aquellos que no cumplan la asistencia del 80% de las sesiones presenciales. La nota final será la media de las calificaciones obtenidas, solicitándose en cada una de ellas una nota igual o superior a 5 sobre 10 para aprobar la materia".

Primeira oportunidade

Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será
obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario
superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que
fagan media entre eles.

 

Segunda oportunidade

O alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na
primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a
puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da
avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.

 

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia
(xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de
asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de
avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba
mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da
Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da
materia.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo
o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER
UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social
do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na
primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non
superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.

2.
Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos
propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo
docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase que
terán que estar entregados como data límite a do día do exame de
avaliación marcado no calendario do mestrado.

3. A
cualificación será a media ponderada das notas das actividades e
traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na
data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das
partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de
non superar algunha das partes na segunda oportunidade, deberán repetir
todas as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

 NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” e “Saídas
de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade
dos participantes. Aínda no caso de non aplicarse o plan de continxencia, se
non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán
substituírse por sesións de aula ou mesmo virtuais (o desenvolvemento das
competencias ligadas a estas metodoloxías incorporaríanse ás metodoloxías “Sesión
maxistral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes