Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Asignaturas
  Iniciación á investigación educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A24 A28 C6 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia.

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1)

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
40
Presentación oral A28 C3 C4 O proxecto investigador proposto será presentado de forma oral, e valorarase seguindo criterios relacionados coa calidade e a claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos esixidos e o emprego de recursos innovadores. 20
Traballos tutelados A28 A35 C3 C4 C5 C8 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto investigador centrado nunha temática relacionada cos contidos do módulo. O alumnado deberá desenvolver eses contidos de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.

A proposta do proxecto investigador terá un tamaño de 5-6 follas máximo, e será valorado tanto na súa presentación oral, como na súa forma escrita, atendendo a criterios relacionados coa calidade do traballo e o seu carácter innovador.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder).
No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html
40
 
Observacións avaliación
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA: 

  • Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto na entrada como na saída.  
  • Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase.  
  • Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.  
  • Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.
  • Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.o A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño. 

MODALIDADES DE AVALIACIÓN 

Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado: 

AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):  
  • Alumnado asistente: Será avaliado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización da proposta de proxecto de investigación e a súa presentación oral, que será revisado pola profesora e incorporado ao portafolio da asignatura, así como da avaliación final por medio da proba mixta.  
  • Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
  • Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases. 
  • Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto). 
AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que: 
  • Deberá aparecer como suspenso na 1ª convocatoria, cunha calificación de 4 puntos e terá que someterse á avaliación na 2ª convocatoria en xullo. 
  • Non contará coa opción de “avaliación continua” de xeito que terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 100% da nota final; é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 5 punto).

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes