Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Subjects
  Didáctica. currículo e organización escolar
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2020/21
Subject (*) Didáctica. currículo e organización escolar Code 652604001
Study programme
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Mendez Garcia, Rosa Maria
E-mail
rosa.mendez@udc.es
Lecturers
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rego Agraso, Laura
E-mail
rosa.mendez@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
General description Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo. Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade. Os principais temas e núcleos de coñecemento que se tratarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Lecturas - Portafolios do alumno/a (computa na avaliación) - Atención personalizada - Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba mixta. Non se realizará e no seu lugar levarase a cabo unha “Proba de solución de problemas” que para o alumnado que cumpra cos criterios de asistencia da docencia presencial impartida ata o momento, será de carácter grupal. Para o alumnado non asistente, a devandita proba será de carácter individual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Indica as ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.). Para cada unha, indica a temporalidade (por exemplo a frecuencia semanal de realización) e descrición de como se desenvolve. - Correo electrónico. Diariamente para a resolución de dúbidas puntuais e, no caso de que o volume de correos así o requira, as consultas serán arquivadas e respondidas no horario de titorías establecido pola profesora. - Moodle. Repositorio de documentos de lectura (obrigatorios e adicionais). Publicación de indicacións para a realización do Portafolios do alumnado e a proba de Resolución de problemas. Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas. Poderán existir “Foros de actividade específica” ou “ Foros temáticos asociados aos módulos” no caso de ser preciso. - Microsoft Teams. A profesora estará dispoñible a través de Teams nos horarios oficialmente destinados á materia, tanto para a realización de actividades docentes como de titorías. Tamén se desenvolverán sesións de titoría de acordo aos horarios oficiais e opcionalmente a petición do alumnado en función das súas posibilidades de conectividade, así como sesións de revisión de traballos e cualificacións finais. 4. Modificacións na avaliación Indica como queda a avaliación unha vez aplicadas as modificacións, sinalando a metodoloxía (% no peso da cualificación) e a súa descrición. As metodoloxías que se terán en conta para a configuración da nota final serán: Portafolios do alumnado (70%): Mantense esta metodoloxía nas mesmas condicións que se establecen na guía docente da materia. Solución de problemas (30%): Para o alumnado que cumpre cos criterios de asistencia ás actividades presenciais realizadas ata o momento, a proba será de carácter grupal. No caso do alumnado que non cumpra con dita asistencia, a proba será de carácter individual. Na mañá da data oficial fixada para a realización do exame da materia publicaranse na Moodle as características dun caso a analizar con base nunha serie de preguntas orientativas. A análise do caso implicará dar un tratamento global aos contidos abordados na materia. O alumnado disporá até o final dese día para resolver individualmente o problema e entregalo pola Moodle a través dunha tarefa que se abrirá para este fin. O documento debe ser realizado con letra de imprenta e poderá entregarse tanto nun formato de arquivo de texto (.doc, ,docx, rtf, etc.) ou en .pdf. No caso de que o alumnado non teña as condicións necesarias para cumprir co requisito anterior, deberá comunicalo ás docentes o antes posible para poder realizar os axustes oportunos. *Observacións de avaliación: (Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.) *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que o cómputo da asistencia, só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial. Para superar a materia será preciso aprobar as dúas partes que compoñen a avaliación (portafolios e proba de solución de problemas). Na segunda oportunidade de avaliación a proba de solución de problemas será de carácter individual para todo o alumnado que teña que facer uso dela. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os documentos de uso obrigatorio da materia estarán dixitalizados en Moodle.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes