Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Educación e linguas en Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Foro virtual A13 C1 C4 Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese.
No caso de que esta metodoloxía fose adaptada, a súa porcentaxe na avaliación será asumida polos estudos de caso e a proba de ensaio.
30
Proba de ensaio A13 C1 C4 Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos téorico-prácticos vistos nas sesións presenciais. 30
Estudo de casos A13 Traballo crítico con supostos prácticos, individual ou grupalmente. 30
Lecturas A13 Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. 10
 
Observacións avaliación

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en
relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).

Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes