Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Subjects
  Educación, sociedade e política educativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2020/21
Subject (*) Educación, sociedade e política educativa Code 652604005
Study programme
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 4
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Iglesias Salvado, Jose Luis
E-mail
jose.luis.iglesias@udc.es
Lecturers
Iglesias Salvado, Jose Luis
Rouco Ferreiro, Javier Francisco
E-mail
jose.luis.iglesias@udc.es
javier.rouco@udc.es
Web
General description A materia de Educación, Sociedade e Política Educativa proponse en primeira instancia informar ao alumnado das innumerables influencias que o sistema educativo recibe dada a súa innegable transcendencia nos procesos de socialización. Ao mesmo tempo pretende establecer e clarificar, con carácter informativo, cales son os criterios socio-educativos que inciden de maneira real no desenvolvemento da súa futura función como profesores de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Trátase en definitiva de que o alumnado teña unha visión crítica, fundamentada e construtiva da nosa sociedade e dos diferentes aspectos político-sociais que inciden de maneira explícita ou implícita na Educación, e como consecuencia no seu traballo como docentes
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen –Sesión maxistral – Traballos tutelados (con atención personalizada que poderán ter carácter individual -caso da recensión bibliográfica- e ou grupal) (computa na avaliación) – Atención personalizada – Presentación Oral *Metodoloxías docentes que se modifican –Proba de ensaio(non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”) – Análise de fontes documentais ( a avaliación deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”) – Lecturas 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: – Correo electrónico: para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: sesións en pequeno grupo e en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: Traballos tutelados (60%). En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. –A profundidade do contido. –O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. – O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. – A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. – A presentación e a claridade da exposición que terá un valor do 40% da nota que se sumará ao 60% do traballo tutelado *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: ? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes