Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Prácticum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A18 A19 A20 A21 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do traballo cos seguintes criterios: - Capacidade de relación teoría-práctica - Dominio conceptual e capacidade analítica - Capacidade para relacionar ideas e accións - Capacidade de argumentar e fundamentar - Expresión escrita propia e claridade expositiva - Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións - Capacidade de autoavaliación e autocrítica - Orixinalidade da proposta 50
Saídas de campo A18 A19 A20 A21 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
 
Observacións avaliación
A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10).

A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade.



Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada.




Na segunda oportunidade de avaliación:

- A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade.



- As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda.

A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. Canto ás cualificacións outorgadas polos/as titores/as de centro: o alumnado pode pedir que se lle dean a coñecer as puntuacións concedidas nas diferentes casas da «grella» de avaliación por parte do seu profesorado titor de facultade, na data de revisión para a súa cualificación na materia. 



- Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP.

*En canto á memoria de Practicum, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por entregado correctamente o documento final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes