Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Máster
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Traballo Fin de Máster Código 652604407
Titulación
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web http://https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/F57DK e https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/UD45L
Descrición xeral O TFM consistirá na realización dunha actividade académica que desenvolver o conxunto de competencias abordadas neste mestrado. Debe ser realizado individualmente por cada alumno/a baixo a dirección dun/ha profesor/a (director/a) e, como norma xeral, estará concibido para que o tempo total de dedicación do/a alumno/a sexa de 150 horas (6 ECTS). Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período do máster, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.
Plan de continxencia Modificacións nos contidos Non se modifican Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen • Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías modifícanse en función do número de horas presenciais realizadas polo alumnado. Se houbera algún caso excepcional, que non se enmarcara en ningún dos tres escenarios previstos, estudiarase individualmente pola Comisión Académica do Mestrado. Escenario 1. Horas de prácticas completadas na súa totalidade Mantense a guía docente, tanto a planificación prevista, como a avaliación. Pudendo axustarse aos novos prazos, reflectidos na calendarización dispoñible na guía das prácticas. Escenario 2. Número de horas igual ou superior a 42 Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais Traballos tutelados A32 A33 A34 A35 0 141 141 Saídas de campo A33 A34 A35 42 108 150 Os traballos tutelados materializados na memoria de prácticas, non terán parte presencial e se fará un seguimento online por parte do titor/a de facultade. Compensarán a presencialidade no centro de prácticas e estarán destinadas a completar os distintos apartados da memoria, de xeito que se podan construír as aprendizaxes que se pretenden no Practicum. O profesorado titor da Facultade será o responsable de guiar e orientar este tipo de tarefas complementarias para a realización da memoria. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización TEAMS, MOODLE, EMAIL ou a vía telemática que acorde o profesorado titor co seu alumnado Os titores e titoras de facultade deben realizar as adaptacións precisas para poder continuar coa súa labor de orientación do alumnado vía telemática. Modificacións na avaliación Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Saídas de campo Non se modifica Non se modifica Traballos tutelados Non se modifica Non se modifica Observacións de avaliación: O envío das cualificacións finais por parte do profesorado titor da facultade debe ir precedido da revisión co seu alumnado. O profesorado titor establecerá as canles para poder levala a cabo por medios telemáticos, para que o alumnado poida ter o dereito de acudir a consultar a súa cualificación se así o quixera. A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de avaliación. A memoria, que recolle todos os traballos realizados no Practicum, deberá ser subida á aplicación de Practicum de xeito obrigatorio nas datas indicadas no calendario oficial, dispoñible na guía de prácticas, e se o profesorado titor de facultade requirise outras vías complementarias e adicionais de entrega ademais da aplicación, deberían ser telemáticas. A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). A cualificación final será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación: - A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda. - As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira oportunidade, mantense para a segunda. Mecanismos de atención personalizada: En caso de non ser posíbel reunións presenciais, empregarase TEAMS, MOODLE, EMAIL ou a vía telemática que acorde o profesorado titor co seu alumnado. Observacións na avaliación No caso de non poder reunirse presencialmente se fará de manera telemática. Na páxina web do Mestrado, publicaranse as indicacións oportunas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes