Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  As Ciencias Sociais no Ensino Secundario
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. As Ciencias Sociais no currículo de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. - A Didáctica das Ciencias Sociais como área de coñecemento.
- Competencias do profesorado no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais.
- Valor formativo do ensino das Ciencias Sociais nestes niveis educativos.
- Ciencias Sociais, Xeografía e Historia nos currículos de ESO e Bacharelato: obxectivos, competencias, contidos e instrumentos metodolóxicos.
- Selección e organización dos contidos de Ciencias Sociais e a súa relación coas ciencias referentes.
Tema 2: A evolución do ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, perspectivas actuais e achegas educativas. - Evolución do ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais: modelos curriculares.
- Perspectivas e enfoques actuais das Ciencias Sociais e as súas achegas educativas.
Tema 3. Estratexias didácticas no ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. - Concepcións e dificultades que presenta o alumnado en relación cos contidos sociais.
- Estratexias de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais.
- Orientacións e criterios para a análise e a elaboración de materiais curriculares. A avaliación en Ciencias Sociais. As unidades didácticas en Ciencias Sociais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes