Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
10 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Sociais (Geografía e Historia)
 Asignaturas
  Aprendizaxe e Ensino da Historia e as Ciencias Sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A12 A13 A14 B1 C1 C4 C7 Analizarase criticamente e reflexionarase sobre documentación repartida na aula. 10
Traballos tutelados A1 A8 A9 A19 B3 B4 C3 C6 C8 A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. 40
Aprendizaxe colaborativa A1 A8 A11 A12 A14 B2 B5 Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. 20
Discusión dirixida A12 A13 A14 A19 B8 C4 C7 Os textos e temas que se traballen na aula serán obxecto, puntualmente, de discusión dirixida na aula. facilitando a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de profesor/a. 15
Presentación oral A19 B3 C1 C4 C6 C7 Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvolvemento da profesión de mestres/as. 15
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma. Aquel alumnado que non supere a avaliación contínua, a partir das metodoloxías presentes na materia, terá que superar unha proba obxectiva. A presentación oral será presencial, a non ser que o impida o contexto (neste caso optarase polo modo telemático, vía Teams).

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, que fai uso da devandita exención,
debe presentar os traballos individuais que se orienten ao resto do
alumnado, así como un traballo final.

Nos traballos a realizar, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido literalmente a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se for o caso, ou
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de
suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento. Igualmente, será imprescindíbel a corrección lingüística á hora de dar por superados os devanditos traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes