Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A5 A9 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
Portafolios do alumno A4 A5 C4 C6 Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.

* Serán proporcionados criterios detallados no momento de entrega do traballo.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal; e outra, ás entradas individuais do diario.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso.
70
 
Observacións avaliación

1. Nas presentacións oraisou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestiónadecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas);ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.

2. O mestrado ten carácterpresencial polo que a asistencia ás sesións non poderá ser inferior ao 80% dashoras.

3. O alumnado conrecoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia, que faga uso de dita dispensa, deberá entregar as actividades e oportafolios no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado e resolvelas de modoindividual.

4. Se un/unha alumno/a cuxaasistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunhaactividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. Estaincorporarase tamén ao portafolios.

5. O portafoliosentregarase na data que se indique ao inicio do curso. Para presentarse aoexame é condición indispensable ter presentado o portafolios e as actividadesde síntese das lecturas.

6. Coa fin de facilitar a xestiónda materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semanalectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle,insertando unha foto actual.

7. Para superar a materia énecesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partesobxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "probamixta").

8. Dado que á materia éimpartida por diferentes docentes, poderán existir variacións intergrupais noformato do exame final, no tipo de actividades de aula e na orde depresentación de contidos.

9. Na 2ªoportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos paraa 1ª convocatoria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes