Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Educación e linguas en Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A13 C1 Elaboración de supostos prácticos, individual e grupalmente. 30
Foro virtual A13 C1 C4 Participación através do Moodle na construción do glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese.
No caso de que esta metodoloxía fose adaptada, a súa porcentaxe na avaliación será asumida polos estudos de caso e a proba de ensaio.
30
Lecturas A13 Elaboración de informes de lectura segundo as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios aos informes das/dos compañeiras/os. 10
Proba de ensaio A13 C1 C4 Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais. 30
 
Observacións avaliación

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en
relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará na plataforma Moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que se presentaren á segunda oportunidade (xullo) deberán entregar, antes da data marcada aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que non tiveren superados, ben como realizar a proba de ensaio (caso non ter atinxido 4 valores sobre 10 na primeira oportunidade ou non a ter realizado).

Será considerado NON PRESENTADA aquela persoa que non realizar os estudos de casos e a proba obxectiva.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes