Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Desenvolvemento psicolóxico e apredizaxe escolar
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta modalidade acostuma reservarse para unha lección impartida polo profesor, cun contido que supñon unha elaboración orixinal e basada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información.
Estudo de casos Presentación e descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser identificado, recoñecido, comprendido e valorado polo alumno/a, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase #ante un problema concreto que lle describe unha situación real da vida e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular. Os casos tratarán sobre os distintos trastornos que se poden presentar no desenvolvemento e aprendizaxe escolar. Os coñecementos necesarios para levar a cabo axeitadamente os estudos serían impartidos previamente.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Propoñerase a realización de traballos de grupo, de carácter obrigatorio, ao redor dos temas centrais da materia e para o inicio da súa elaboración facilitarase un pequeno dossier a partir do cal o alumnado deberá ir profundando na materia obxecto de estudo. O resultado dese traballo exponse de forma interactiva utilizando a metodoloxía da presentación oral.
Lecturas Constitúen un conxunto de textos e temas que irán xurdindo a medida que se avanza na exposición e desenvolvemento da materia e que o alumnado poderá ler para proceder a unha recensión que lle permita profundar nos contidos de interese relacionados (directa ou transversalmente) coa materia
Proba obxectiva Proba utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. É de aplicación tanto para a avaliación formativa como sumativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes