Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Subjects
  Educación. sociedade e política educativa
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Supón a utilización de distintos tipos de documentos e fontes relevantes para o estudio da materia que permitan proceder a realizar unha análise e unha posterior utilización na explicación dos procesos educativos e do tratamento dos distintos procesos sociais que arredor dela se desenvolven
Workbook Propóñense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos xunto con unha documentación que o alumnado tera que ler en todos os casos, para proceder logo a recensionar aqueles que oportunamente se lles indicará
Long answer / essay questions Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos para avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión, a organización e comprensión de ideas relativas aos contidos da materia
Critical bibliographical Proceso científico de lectura e anáiuse crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise de seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. No seu momento facilitaranse unhas pautas que permitirán a súa realización.
Guest lecture / keynote speech Faráse unha exposición oral dos temas da guía coa introducción dalgunhas preguntas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Supervised projects Referidos expresamente a elaboración dun traballo de iniciación na investigación educativa. O alumnado responsabilizarase do traballo e a súa posterior redacción seguindo unhas pautas que se lles irán indicando a través dun seguimento preciso e pautado. Estes traballos poden realizarse mesmo en pequeno grupo como de xeito individual
Oral presentation Exposición de traballos realizados, de xeito individual ou en pequeno grupo, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, o documento en cuestión ou a experiencia abordada
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes