Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Practicum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 Adopta a estrutura e contidos que se establecen na Guía de Prácticas. A cualificación da memoria de prácticas corresponde ao profesorado titor da Facultade. Para a súa avaliación utilízase unha rúbrica que está dispoñible en moodle. 50
Saídas de campo A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 O/a titor/a do centro de prácticas é o responsable da súa avaliación, conforme aos criterios especificados na escala de valoración que se recolle na Guía de Prácticas. 50
 
Observacións avaliación

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR

A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10).  Non realizar as prácticas estando matriculado na materia supón un NP.

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións  outorgadas polo profesorado titor do centro de prácticas e  da Facultade. No caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte non superada. A cualificación final será, sempre que se aproben as dúas partes,  o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da Universidade. Non ter presentada  a memoria (portafolios)  tendo as prácticas superadas supón como cualificación un suspenso na primeira oportunidade.

A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a cualificación da memoria. No que respecta a cualificación outorgada polo profesorado titor dos centros non é susceptible de enmenda. O titor/a de Facultade informará da cualificación obtida nos distitnos criterios de avaliación. Esta información proporcionarase na data e horario fixados para a revisión da cualificación do Practicum.

Na segunda oportunidade de avaliación só  se pode recuperar a memoria.   As practicas non poden recuperarse, polo tanto a cualificación obtida  na primeira oportunidade mantense para a segunda.

-

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7º edición.
Plaxio O plaxio será motivo de suspenso. Así queda regulado no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC:

" na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes