Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A12 A17 C1 C8 C3 Presentación e defensa
• Calidade nos medios e/ou materiais de apoio.
• Selección e síntese da información
• Utilización de vocabulario profesional.
• Utilización da lingua galega con calidade lingüística
•Capacidade de argumentar na defensa
15
Traballos tutelados A33 A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A16 A16 A15 A15 A14 A13 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A1 C7 C6 C6 C5 C4 C4 C7 C3 C3 C2 C1 C1 Cuestións formais (5%)
• Claridade expositiva e organización da información
• Marxes, identificación das táboas, diferenciación tipográfica dos distintos apartados e subapartados.
• Pertinencia dos anexos

Fundamentación teórica e legal (30%)

• Suficiencia e profundidade do marco teórico
•Incorporación das aportacións/temáticas abordadas nas materias do mestrado.
•Bibliografía actualizada e refrenciada conforme ás normas APA 6ª edición.
•Análise e valoración crítica das prescricións normativas e curriculares que aplicables a proposta
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.

Proposta (35%)

• Contextualización (centro, alumnado, currícular)
• Nivel de concreción e formulación de obxectivos e contidos
• Nivel de concreción (desenvolvemento das actividades e coherencia coa propasta metodolóxica ...)
• Nivel de concreción da proposta de avaliación (construción de instrumentos, participación do alumnado, criterios de cualificación, avaliación da proposta...)
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Relación e coherencia coa fundamentación teórica e normativa

Valoración persoal e conclusións (15%)

• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• REflexión sobre as competencias adquiridas e os ámbitos de mellora profesional.
•Grao de integración dos coñecementos coseguidos nas distintas materias do mestrado

A utilización da lingua galega con calidade lingüística
85
 
Observacións avaliación

UTILIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

 A utilización da ligua galega no  documento escrito e na presentación pode incrementar a cualificación ate un punto.

REQUIRIMENTO PARA PRESENTAR O TFM

O TFM só se pode presentar   tendo   a totalidade das materias do mestrado  aprobadas.


CONVOCATORIAS/OPORTUNIDADES , TRIBUNAIS  E DEFENSA 

O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades. A primeira oportunidade é a finais de xuño, a segunda  en setembro. 

Para a avaliación dos TFM constituiranse tribunais  formados por tres persoas titulares e unha ou dúas suplentes. Os membros dos tribunais son profesorado do Mestrado, na súa maioria  das materias do itinerario específico. A dirección  do TFM non poderá formar parte dos  tribunais que xulguen os TFM do alumnado que titorizou.  

Para a defensa do TFM o alumnado disporá dun máximo de 20 minutos. O  tribunal  formulará   as preguntas e suxestións que estime  necesarias.  Finalizadas todas as defensas dos TFM  o tribunal publicará as cualificacións provisionais no taboleiro do mestrado ou en  moodel e indicará a data, hora e lugar para a revisión.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incluido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
NORMAS PARA A AVALIACIÓN,  REVISIÓN E RECLAMACIÓNS
 https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes