Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 A34 O alumnado elaborará un itinerario formativo basándose nun suposto práctico e incorporará a perspectiva de xénero ao mesmo 20
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A34 C3 C4 C7 O alumnado terá que entregar os traballos solicitados e facer un informe final das aprendizaxes adquiridas 40
Presentación oral A18 O alumnado fará unha presentación oral do estudo de casos 10
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 o alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 30
 
Observacións avaliación

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL: Como máis tarde, na terceira sesión de clase, o alumnado terá que ter actualizado o seu perfil na plataforma moodle, cunha foto actualizada

ASISTENCIA

  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

  • A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación:
  • Portafolio do alumnado (4 puntos)
  • Estudio de casos (2 puntos)
  • Proba de ensaio (3 puntos)
  • Presentación oral (1 punto)
  • Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha dascatro actividades. Cando non se realice algunha das catro actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
  • O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, utilizando como criterios os resultados de aprendizaxe da materia)
  • Marcador social da materia
  • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe da materia (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que afondar...)
  • Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e nomeadamente coas materias do itinerario de FOL.
  • Aplicación dos contidos da materia na elaboración do TFM
  • Achegas da materia para a observación e análise durante o Practicum
  • Balance de competencias profesionais e ámbitos nos que seguir formándose.
  • Elaboración dun glosario de termos e un mapa conceptual dos contidos da materia.
  • O estudo de casos é un traballo grupal, no que o grupo presentará un cartafol grupal ao finalizar a materia e nas datas que se indiquen, e no que se incluirá:
  • As actividades realizadas en grupo e unha reflexión/valoración sobre as aprendizaxes adquiridas.
  • Auto-avaliación e co-avaliación das tarefas grupais e do funcionamento do grupo.
  • Número e obxectivos das reunións realizadas.
  • Balance sobre o funcionamento do grupo (cambios introducidos para a súa mellora do funcionamento do grupo, fortalezas e debilidades).

FALTA DEINTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia decitación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS ERECLAMACIÓNS

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes