Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A18 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo basándose nun suposto práctico e incorporará a perspectiva de xénero ao mesmo 20
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O alumnado terá que entregar os traballos solicitados e facer un informe final das aprendizaxes adquiridas 40
Presentación oral A18 A31 O alumnado fará unha presentación oral do estudo de casos 10
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 30
 
Observacións avaliación
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL
Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel

ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación:
· Portafolio do alumnado (4 puntos)

· Estudio de casos (2 puntos)

· Proba de ensaio (3 puntos)

· Presentación oral (1 punto)

Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha dascatro actividades. Cando non se realice algunha das catro actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
· Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir formándome)

· Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e nomeadamente coas materias do itinerario de FOL.

· Aplicación dos contidos da materia na elaboración do TFM

· Achegas da materia para a observación e análise durante o Practicum

· Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar

O estudo de casos é un traballo grupal, no que o grupo presentará un cartafol grupal ao finalizar a materia e nas datas que se indiquen, e no que se incluirá:

As actividades realizadas en grupo e unha reflexión/valoración sobre as aprendizaxes adquiridas.
Co-avaliación das tarefas grupais e do funcionamento do grupo.
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: portafolios do alumnado, estudos de casos e proba mixta. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha delas a cualificación será non presentado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.



FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso

Falsificación de sinatura
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua

Copiar nos exames
O uso indebido de información durante osexames tamén será motivo de suspenso

LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes