Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A34 A18 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo basándose nun suposto práctico e incorporará a perspectiva de xénero ao mesmo 30
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O alumnado terá que entregar os traballos solicitados e facer un informe final das aprendizaxes adquiridas 40
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na ampliación do marcador social construído conxuntamente no resto das materias específicas do itinerario de FOL. Os criterios de avaliación serán o número de recursos e a categorización utilizada ( amplitude das categorias e subcategorías, e adecuación ás temáticas tratadas.)
recursos dixitais que terán que incluír serán os relativos a materia de Mercado Laboral e Formación Profesional, incorporando categorías e subcategorias de clasificación axeitadas.
5
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 25
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e trabállanse aspectos procedimentales e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia.  

O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado á clase.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse á unha modalidade de avaliación específica. Para isto, fai falta solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: 1)Portafolio do alumnado (4 puntos); 2) Estudo de casos (3 puntos); 3) Proba de ensaio (3 puntos)

Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres  actividades.

Se un/a alumno/a non  consegue o 80% da asistencia e/ou non presenta as tres actividades mencionadas, terá unha cualificación de non presentado na oportunidade de maio.

Na oportunidade de xullo deberán de presentarse as actividades de avaliación non superadas.

O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en que seguir formándome)
- Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster.
- Aspectos da materia  para observar no Practicum
- Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes.
- Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar

O estudo de casos é un traballo grupal que se expoñerá e entregarase documentalmente ao finalizar a materia

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes