Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 A34 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral 40
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar 40
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 20
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.    

O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado.

O alumnado que  non  asistan ó  80%  das horas de clase e/ou non presenta as tres tarefas de avaliación terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. Na segunda oportunidade, en xullo,  deberán de presentar as actividades de avaliación non  superadas. 

As persoas con matrícula a tempo parcial e  con dispensa académica poderán acollerse á unha modalidade de avaliación específica. Para isto,  antes  do inicio da materia, terán que solicitar unha titoría para  establecer o proceso de supervisión das tarefas.  As actividades de avaliación son as mesmas que para o resto do alumnado, coa condición de que as actividades grupais serán individuais. 

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: 1)Portafolio do alumnado (4 puntos); 2) Estudo de casos (3 puntos); 3) Proba de ensaio (3 puntos). Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres  actividades.

INTEGRIDADE ACADÉMICA

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será, atendendo ó que se establece na normativa sobre avaliación da UDC, motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA SINATURA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes