Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades de coñecementos previos que se realizarán ao inicio de cada tema.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e que dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análíse de fontes documentais e nas de estudo de casos.
Presentación oral Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia.
Estudo de casos a) Deseño un programa de orientación profesional s que inclúa a perspectiva de xénero para un grupo de alumnado dun Programa de Cualificación Profesional Inicial.

b) Deseño de obxectivos, contidos e actividades que incorporen algún dos ámbitos de utilización de Internet e da web 2.0.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes tanto teóricas como prácticas. Combina preguntas curtas e de síntese dalgúns dos contidos abordados na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes