Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se realiza ao inicio de cada tema. A súa finalidade é que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos e que os utilice na elaboración do cartafol como un recurso para a valoración e reflexión das aprendizaxes adquiridas na materia.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nalgún dos contidos da materia e que dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal)
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos dos temas que integran o programa da materia.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nas de estudo de casos. Vai ser obxecto de planificación, auto-avaliación e co-avaliación.
Presentación oral Presentación grupal dun dos estudos de caso. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia.
Estudo de casos O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro sobre distintas situacións problemáticas relacionadas coa orientación profesional:elaboración dunha unidade didáctica de orientación, a utilización das tecnoloxías dixitais, a metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, a integración do enfoque de xénero na orientación profesional e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para a docencia no módulo de FOL.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes teóricas. Combina preguntas curtas nas que o alumnado ha de analizar, relacionar e valorar contidos abordados na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes