Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se realiza ao inicio de cada tema. A súa finalidade é que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos e que os utilice na elaboración do cartafol como un recurso para a valoración e reflexión das aprendizaxes construídas na materia.
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto (actividade grupal)
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal)
c) Análise de documentos que permiten profundizar nas temáticas dos temas e dos que se dará conta no portafolios (actividade individual)
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental de afondamento.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e na de resolución de problemas. Vai ser obxecto auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo.
Presentación oral Presentación grupal dun da resolución de problemas. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora.
Portafolios do alumno Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia.
Solución de problemas Consiste na resolución dun reto a escoller entre unha proposta de catro,: deseñar unha proposta utilizando a aprendizaxe basada en proxectos, a utilización das tecnoloxías dixitais para abordar unha das temáticas da orientación profesional, a integración do enfoque de xénero, e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para o ensino e a aprendizaxe nos módulos da especialidae de FOL.
Prácticas a través de TIC Consiste na creación dun marcador social para a recompilación de recursos dixitais sobre orientación profesional. Esta actividade é común o resto das materias do itinerario, de xeito que se engrandece coa incorporació dos recursos de todas as materias. Con esta actividade tráballanse as competencias dixitais docentes, principalemnte da área de información.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes teóricas. Combina preguntas curtas nas que o alumnado ha de analizar, relacionar e valorar contidos abordados na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes