Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 A19 A20 Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación e adquisición de coñecementos do ámbito da saber facer profesional.
20
Estudo de casos A20 A21 A25 O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro sobre distintas situacións problemáticas relacionadas coa orientación profesional: a utilización das tecnoloxías dixitais, a metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, a integración do enfoque de xénero na orientación profesional e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para a docencia no módulo de FOL.
35
Portafolios do alumno A17 C4 Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas; valora a súa aplicación na realización do TFM, no período do Practicum e na elaboración da memoria do Practicum; establece relacións co resto das aprendizaxes adquiridas nas materias do mestrado; identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación vencelladas a materia. 35
Análise de fontes documentais A15 A16 A19 A21 A25 C7 As tarefas de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de libros de texto (actividade grupal).
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal).
c) Análise de documentos para afondar nalgúns contidos da materia (actividade individual).
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal).
Algunhas destas tarefas son optativas, podendo obter até un punto a maiores na cualificación global.
As tarefas grupais deste apartado desénvolvense ao abeiro da aprendizaxe colaborativa
10
 
Observacións avaliación

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

  • Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de actualizar o seu perfil na plataforma de moodel, pendurando unha foto actual.

ASISTENCIA

  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular que non acudira a unha aula na que se realizase algunha actividade debéraa de facer individualmente e entregala na seguinte sesión..
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

  • A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación:
  • Cartafol individual (4,5 puntos)
  • Actividades grupais (3,5)
  • Proba mixta (2 puntos)
    • Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
    • O portafolio do alumnado é unha actividade individual e ha de conter os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas (que sabía /que aprendín, utilizando como criterios os resultados de aprendizaxe da materia)
  • Marcador social
  • Reflexión sobre o proceso de aprendizaxe (forma de afrontar o estudo, dúbidas, dificultades e superación das mesmas, cuestións nas que afondar...
  • Relación/vinculación coas materias do módulo xenérico e nomeadamente coas materias do itinerario de FOL.
  • Aplicación na elaboración do TFM
  • Aportacións para a observación e análise durante o Practicum
  • Balance de competencias profesionais e ámbitos nos que seguir formándose.
  • Elaboración dun glosario de termos e un mapa conceptual dos contidos da materia.
  • Relación co resto das materias do módulo específico
  • CARTAFOL GRUPAL

    • Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un cartafol grupal que ha de incluir:
      • As actividades realizadas en grupo e unha reflexión/valoración sobre as aprendizaxes adquiridas.
      • As fichas de auto-avaliación e co-avaliación das tarefas grupais e do funcionamento do grupo.
      • Número e obxectivos das reunións realizadas.
      • Balance sobre o funcionamento do grupo (cambios introducidos para a súa mellora do funcionamento do grupo, fortalezas e debilidades).
    • Para cualificar as actividades grupais tense en conta aautoavaliación e coavaliación realizada entre e polas persoas dogrupo. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación seránfixados en colaboración co alumnado.

    FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

    Ausencia de citación de fontes

    • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxioe a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través deinternet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permisodo seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso naactividade"
    • Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normasAPA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que sere-elaboran.

    Plaxio

    • O plaxio en calqueira das actividades da avaliación serámotivo de suspenso.

    Falsificar unha sinatura

    • Asinar na folla de asistencia por unha compañeira oucompañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

    Copiar nos exames

    • O uso indebido de información durante osexames tamén será motivo de suspenso.

    LECTURAS RECOMENDADAS
    Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións
    https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

    Plaxio

    http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

    http://www.ugr.es/~plagio_hum/

    http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/

    Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes