Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación e adquisición de coñecementos do ámbito da saber facer profesional.
20
Estudo de casos A18 A20 A21 A25 C1 C3 C4 C7 O alumnado ha de escoller dous estudos de casos dunha proposta de catro sobre distintas situacións problemáticas relacionadas coa orientación profesional: a utilización das tecnoloxías dixitais, a metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos, a integración do enfoque de xénero na orientación profesional e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para a docencia no módulo de FOL.
35
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes adquiridas; valora a súa aplicación na realización do TFM, no período do Practicum e na elaboración da memoria do Practicum; establece relacións co resto das aprendizaxes adquiridas nas materias do mestrado; identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación vencelladas a materia. 35
Análise de fontes documentais A17 A19 A25 C1 C4 As tarefas de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de libros de texto (actividade grupal).
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista (actividade grupal).
c) Análise de documentos para afondar nalgúns contidos da materia (actividade individual).
d)Análise dos sesgos sexistas nun libro de texto das materias da especialidade (actividade grupal).
Algunhas destas tarefas son optativas, podendo obter até un punto a maiores na cualificación global.
As tarefas grupais deste apartado desénvolvense ao abeiro da aprendizaxe colaborativa
10
 
Observacións avaliación
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL
Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel

ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento  de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia. Na segunda oportunidade haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico.

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: Cartafol individual (4,5 puntos), actividades grupais (3,5) e proba mixta (2 puntos). Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado.
Ó rematar a materia e na data que se fixe, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e planificación do traballo grupal. Para cualificar as actividades grupais tense en conta auto-avaliación e co-avaliación. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación serán fixados en colaboración co alumnado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso

Falsificación de sinatura
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua

Copiar nos exames
O uso indebido de información durante osexames tamén será motivo de suspenso

LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes