Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 Preguntas curtas nas que se valoran as capacidades de análise, reflexión e relación e adquisición de coñecementos do ámbito da saber facer profesional.
10
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes desenvolvidas, valora a súa aplicación para o TFM e para o período do Practicum, establece relacións coas aprendizaxes das materias do mestrado, identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación no ámbito da orientación profesional.
Na súa valoración utílizase unha rúbrica que ademais de servir de instrumento de avaliación, orienta na realización do portafolios.
40
Presentación oral C1 C3 Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade.
A presentación será avaliada polo alumnado, para isto o alumnado ten que elelaborar unha rúbrica, a partir de varios exemplos proporcionadas pola profesora ou localizados polo alumnado.
10
Solución de problemas A18 A20 A21 C1 C3 C7 Consiste na resolución dun reto a escoller entre unha proposta de catro,: deseñar unha proposta utilizando a aprendizaxe basada en proxectos, a utilización das tecnoloxías dixitais para abordar unha das temáticas da orientación profesional, a integración do enfoque de xénero, e a curación e difusión de recursos dixitais de interese para o ensino e a aprendizaxe nos módulos da especialidae de FOL.
Os criterios de avaliación e d ecualificación daránse a coñecer coa proposta da actividade.
35
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na creación dun marcador social para a recompilación de recursos dixitais sobre orientación profesional. Esta actividade é común o resto das materias do itinerario, de xeito que se engrandece coa incorporació dos recursos de todas as materias. Con esta actividade tráballanse as competencias dixitais docentes, principalemnte da área de información. 5
 
Observacións avaliación


ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel.

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto  é imprescindible unha boa planificación e xestión do tempo.

 ASISTENCIA

 A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento  de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia. Na segunda oportunidade haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico.

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA



A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: Cartafol individual (4,5 puntos), actividades grupais (3,5) e proba mixta (2 puntos). Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado.

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa  planificación do traballo grupal.
 Para cualificar as actividades grupais tense en conta auto-avaliación e co-avaliación. O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación serán fixados en colaboración co alumnado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes



As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"


Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

Plaxio
O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso

Falsificación da sinatura

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua

Copiar nos exames

O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso


Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións

 https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes