Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes construidas, valora a súa aplicación no TFM e no Practicum, establece relacións coas aprendizaxes das materias do mestrado, identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación no ámbito da orientación profesional.
Na súa valoración utílizase unha rúbrica que ademais de servir de instrumento de avaliación, orienta na realización do portafolios.
40
Presentación oral C1 C3 Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade.
A presentación será co-avaliada polo alumnado a través dunha rúbrica elaborada e consensuada co alumnado.
15
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe.
10
Traballos tutelados A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 Os criterios de avaliación dos traballos tutelados varían en función do reto escollido. Para os retos relacionados coa elaboración de propostas didácticas, os criterios de avaliación son os seguintes: a) fundamentación teórica basada en fontes actualizadas e pertinentes, b) análise e valoración do currículo oficial, c) contextualización da proposta (curricular, centro,ciclo e alumnado), d) formulación de obxectivos e contidos, e) nivel de concreción das actividades;f) procedemento de avaliación (técnicas e instrumentos, incorporación de procesos de co-avaliación e auto-avaliación) g) coherencia entre os distintos elementos da praposta.
35
 
Observacións avaliación

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN

Unha das premisas é que  o alumnado colabore no proceso de avaliación  participando  na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación  e exercendo de  axente na avaliación das aprendizaxes, ,a través de procedementos de auto e coavaliación,   e do proceso de ensino.   Por esta razón,  os criterios de cualificación e de avaliación  poden ser modificados. 

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO  
 
A utilización  do galego e  a súa competencia lingüística tamén vai ser obxecto de  avaliación na presentación oral e nas actividades  escritas grupais e individuais.  O seu peso na cualificación final pode chegar até  0,5 puntos. 


ASISTENCIA   E SISTEMA DE AVALIACIÓN
 
A asistencia ás aulas é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e  que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar  as actividades realizadas nesa sesión. 
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas.  Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e nos traballos tutelados e ter realizadas o resto das actividades. Cando non se realice algunha das actividades (portafolio ou traballo  tutelado)  a cualificación será non presentado. Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas.

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa  planificación do traballo grupal.  Os resultados da co-avaliación  teñen efectos  na cualificación individual de cada alumna e alumno. 

No caso de non acadar o 80% de asistencia o alumnado terá que realizar un exame específico (3)  entregar o portafolio (3 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto). Para superar a materia hai que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado e ter realizadas  o resto das actividades. Na segunda oportunidade recuperarán as  partes non superadas. 

 
  Para as persoas con matrícula a tempo parcial  e dispensa académica hai unha  modalidade de avaliación específica. Antes do  inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para  establecer  o proceso de seguimento. Para superar a materia terá que realizar  o exame (2 puntos) o portafolio (4 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto) e obter a metadade  da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as  partes non superadas. 

UTILIZACION DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA

Nas actividades escritas é obrigatoria a utilización dunha linguaxe inclusiva. 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. 
b) Plaxio
O plaxio  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

Falsificación da sinatura 

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua

Copiar nos exames

O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes