Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Inserción e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 Consiste nun informe no que o alumnado reflexiona sobre o proceso de aprendizaxe, dá conta das aprendizaxes construídas e indica a súa aplicación
para a análise da situación da OP no centro de prácticas.
Os criterios de avaliación e cualificación concrétanse nunha rúbrica que se presenta o primeiro día de clase.
40
Presentación oral C1 C3 Presentación grupal do traballo tutelado. A cualificación desta tarefa é o resultado da co-avaliaciónv realizada a través dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado. 5
Prácticas a través de TIC C3 C6 Consiste na creación dun marcador social e na representación da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e, se é o caso, o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados, así como a análise e valoración da propia contorna persoal de aprendizaxe. 5
Traballos tutelados A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 O resultado do traballo tutelado é o deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional utilizando a aprendizaxe basada en proxectos. Os criterios de avalición e cualificación recóllense nunha rúbrica de entrada única que se presenta o primeiro día de clase.
A auto e a coavaliación utilízanse para valorar o funcionamento do grupo e
as achegas ao traballo grupal de cada un das persoas do grupo de traballo.

Unha vez cualificada a unidade didáctica, nunha sesión de titoría grupal obrigatoria, facilítase retroalimentación atendendo aos criterios de avaliación.
50
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA   E SISTEMA DE AVALIACIÓN
 
A asistencia ás  aulas  é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e  que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá entregar  as actividades  realizadas na aula.   
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas.  Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e no traballo tutelado e ter realizadas as dúas tarefas restantes. . Na avaliación da  segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades  non superadas e/ou non realizadas na primeira oportunidade

Ó rematar as aulas  e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal que ha de incluír as  actividades grupais ( a presentación oral e a unidade didáctica de orientación), a planificación do traballo grupal e as fichas de auto e coavaliación do funcionamento  do equipo de traballo,  Os resultados da co-avaliación  teñen efectos  na cualificación individual de cada alumna e alumno. 

As persoas con dispensa académica  realizarán  unha proba mixta (de ensaio sobre os contidos da materia e de aplicación práctica) e  realizaràn  individualmente as tarefas grupais.  Neste caso, a distribución das cualificaciones é a seguinte: proba mixta (4 puntos), traballo tutelado (5 puntos), presentación oral (0,5 puntos) e as prácticas a través das TIC (0,5). Para superar a materia teñen que obter  a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado, ter realizada a presentación e as prácticas a través das TIC. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

a) Ausencia de citación de fontes 
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado  de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 7 edición. Co obxectivo de visibilizar as autores, a inicial do nome substituirase polo nome completo, tanto no caso de autores como de autoras.
b) Plaxio
O plaxio en calquera das tarefas  será motivo de suspenso, en aplicación do artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que  establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual

COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO 

A utilización do galego  e  a súa calidade lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral  e nas  actividades  grupais e individuais.   O seu  peso na cualificación final pode  acadar  até  0,5 puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes