Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades inicias teñen como finalidade que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes desenvolvidas na materia.
Sesión maxistral Na sesión maxistral expóñense dunha maneira sintética os contidos do módulo.
Glosario Recompilación de terminoloxía específica vinculada as temáticas abordadas
Análise de fontes documentais A análise das fontes documentais ten como finalidade o afondamento nos contidos presentados nas sesións maxistrais e na súa aplicación ás actividades de simulación.
Presentación oral Consiste na presentación das actividades de simulación.
Aprendizaxe colaborativa Está implícita na realización das actividades de simulación.
Simulación Con esta metodoloxía o alumnado ten que elaborar unha programación para un dos módulos da especialdade e unha unidade didáctica.
Prácticas a través de TIC Esta actividade está relacionada co papel do profesorado como curador de contidos. Conssite na busca, selección e almacenaxe de recursos dixitais nun marcador social para o ensino e aprendizaxe dos módulos da especialidade. A construción do marcador social é unha actividade común a todas as materias do módulo específico.
Proba obxectiva Exame tipo test sobre os contidos máis conceptuais
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes