Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais As actividades inicias teñen como finalidade que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia.
Sesión maxistral A sesión maxistral utilízase para presentar os sete temas que se abordan na materia.
Análise de fontes documentais A análise das fontes documentais ten como finalidade o afondamento nos contidos presentados nas sesións maxistrais e que fundamentan teórica e legalmente a planificación curricular.
Presentación oral Consiste na presentación ante o grupo-clase da planificación do módulo de FOL e unidade didáctica).
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo.
Simulación Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica para un dos módulos da especialdiade, contextualizadas nun centro, nun ciclo e nun grupo de alumnado. É un tarefa que se realiza en grupo e responde as características e pasos da aprendizaxe basada en proxectos.
Prácticas a través de TIC A utilización das TIC está relacionada coa construción da propia contorna de aprendizaxe e co papel do profesorado como curador de contidos. Estas dúas actividades son compartidas con outras materias do itinerario.
Portafolios do alumno Consiste na elaboración dun informe de aprendizaxe no que o alumnado ha de dar conta:
a) das aprendizaxes construídas a través das sesións maxistrais, da análise de fontes documentais e das tarefas grupais e individuais.
b) das necesidades de formación nas que ha de seguir formándose.
c) da transferibilidade das aprendizaxes no período de prácticas e na realización do TFM
Proba obxectiva Exame tipo test sobre os contidos máis conceptuais
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes