Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Subjects
  Learning and education of the modules of formation(training) and labour orientation
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
Guest lecture / keynote speech A sesión maxistral utilízase para presentar unha boa parte dos temas que se abordan na materia. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado.
Document analysis A análise das fontes documentais está vinculada o traballo tutelado. A súa finalidade é o deseño da programación e dunha unidade didáctica, principalmente a elaboración do apartado de fundamentación teórica e legal.
Oral presentation Consiste na difusión entre as persoas da clase do produto elaborado no traballo tutelado. Dispoñen de 20 minutos e na presentación presentación teñen que participar todas as persoas do grupo de traballo.
Collaborative learning A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo.
ICT practicals As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
Supervised projects O traballo tutelado presenta as características e elementos da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. A análise documental, a aprendizaxe colaborativa, unha parte das prácticas a través das TIC e a presentación oral están integradas no traballo tutelado.
Problem solving Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos dos módulos da especialidade.
Student portfolio Consiste na elaboración dun informe de aprendizaxe no que o alumnado ten que dar conta das aprendizaxes e competencias adquiridas, da súa transferibilidade ó Practicum e ó TFM e das propias necesidades de formación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes