Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral C1 C3 A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica, utilizada nas catro materias específicas do itinerario de FOL 10
Simulación A8 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A23 A24 A25 C3 C6 C7 A programación e a unidade didáctica van ser avaliadas conforme ós criterios que se van específicar e que son os que se utilizan para avaliar o TFM que segue estas modalidades. 75
Proba obxectiva A16 A18 A19 A24 A30 A34 As preguntas abordan algúns contidos de tipo conceptual, vinculados á comprensión de terminoloxía específica 10
Prácticas a través de TIC C3 Consiste na construción dun marcador social. Os criterios de avaliación son o número de recursos almacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías creado para a súa almacenaxe. 5
 
Observacións avaliación

CARGA DE TRABALLO

 A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación  de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto  é imprescindible unha boa planificación e xestión do tempo.

ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL

 Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel

ASISTENCIA
  A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha aula deberá de facer individualmente a actividade correspondente.

No caso de non acadar o 80% de asistencia, a cualificación será non presentado na primeira oportunidade. Na oportunidade de xullo haberá una proba con preguntas de carácter teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización e seguimento de actividades que reforzen as aprendizaxes máis vinculadas ó saber facer. 
 As persoas con matrícula a tempo parcial  poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento necesario para superar a materia. 
Na oportunidade de xullo haberá unha proba con preguntas de carácter teórico e práctico relacionadas coas actividades de simulación  
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA 
 A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado.

Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.

É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.

 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sendeclarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ªedición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran .
FALSIFICACIÓN DE SINATURA
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa
perda de avaliación continua
 Copiar nos exames e o uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.
LECTURAS RECOMENDADAS
Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.
htm

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes